miércoles, 23 de febrero de 2011

atención!! aquí hai emprego!

OFERTA DE EMPREGO - CONTRATACIÓN TEMPORAL DUN/HA AXENTE TIC PARA O CENTRO PARA A MODERNIZACIÓN E INCLUSIÓN TECNOLÓXICA (CeMIT DE BETANZOS) -  CONCELLO DE BETANZOS
Perfil: Diplomados/as en Informática ou Educación Social.
Proceso de selección: Valoración de méritos e entrevista.
Prazo de presentación de instancias: até o 28 de febreiro de 2011.
MÁIS INFORMACIÓN: BOP da Provincia de A Coruña nº
 34 de 18 de febreiro de 2011.
OFERTA DE EMPREGO - CONTRATACIÓN TEMPORAL DUNHA LICENCIADA EN SOCIOLOXÍA E/OU EN CIENCIAS POLÍTICAS E DA ADMINISTRACIÓN -  UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Funcións: Tarefas de investigación sobre a participación das mulleres estudantes no goberno da Universidade da Coruña.
Proceso de selección: Valoración de méritos e, de ser o caso, entrevista.
Duración da contratación: 2 meses e 29 días (data de inicio 15/03/2011).
Prazo de presentación de instancias: até o 28 de febreiro de 2011.
MÁIS INFORMACIÓN: Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX) - Campus de Elviña (oficina.igualdade@udc.es)

miércoles, 2 de febrero de 2011

INFORMACIÓN SOBRE OFERTAS DE EMPREGO

En AGAFOR axudámosche a atopar traballo.
Publicamos ofertas de emprego porque queremos ofrecerche un punto de información onde poder coñecer as demandas, as condicións e os perfís máis solicitados no eido da formación.
A nosa misión é ser un punto de encontro entre as empresas e os candidatos, e, o noso obxectivo, converternos nun referente en recursos humanos nas profesións que demanda a formación.
Dispomos dunha ampla base de datos de empresas que a miúdo solicitan a nosa colaboración para selección de persoal asi que se buscas traballo neste ámbito, sen lugar a dúbidas ATOPARÁS UNHA OPORTUNIDADE na información que publicamos.
Aproveita as facilidades que ofrece esta comunidade virtual, orientada básicamente a compartir de maneira gratuita todo tipo de contidos e informacións.  

COLABORA CON NÓS INTERCAMBIANDO E COMPARTINDO.

GRAZAS DE ANTEMÁN!!!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...