Mostrando entradas con la etiqueta competencias clave. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta competencias clave. Mostrar todas las entradas

lunes, 5 de diciembre de 2011

!!ATENCIÓN¡¡ CONVOCADAS PRAZAS PARA COMPETENCIAS PROFESIONAIS

Convocado o procedemento de recoñecemento das competencias profesionais na Comunidade Autónoma de Galicia:
2.450 prazas nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de
«Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2)»,
«Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2)»,
«Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2)»,
«Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe in­dustrial (FME351_2)»,
«Operacións básicas de restaurante bar (HOT092_1)»
Prazo de inscrición:
Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, Atención sociosanita­ria a persoas dependentes en institucións sociais e Confección e mantemento de redes e aparellos: ata o 31 de decembro de 2011
Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial e Operacións básicas de restaurante bar desde o 1 ao 31 de marzo de 2012.
O Instituto Galego das Cualificacións será o órgano técnico encargado de levar a cabo a xestión e as accións adecuadas co fin de desenvolver e executar o procedemento obxecto desta convocatoria. Requisitos, puntos de información, presentación de solicitudes, prazos, documentación e lugares: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20111130/AnuncioCA05-241111-9139_gl.pdf?mid=53

lunes, 19 de septiembre de 2011

COMPETENCIAS CLAVE 2011

A Consellería de Traballo da Xunta de Galicia abre unha nova convocatoria de probas de avaliación en competencias clave para acceder aos cursos dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.

Convócanse probas nos dous niveis, 2 e 3, nas seguintes competencias clave:

• Comunicación en lingua galega.
• Comunicación en lingua castelá.
• Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
• Competencia matemática.
• Competencias en ciencia.
• Competencia en tecnoloxía.
• Competencia dixital. 

Prazo de presentación de solicitudes: Do 06  ao ata o 28 de setembro do 2011, no rexistro da Consellería de Traballo e Benestar, no Rexistro Xeral da Xunta de San Caetano (ambos en Santiago de Compostela), así como por calquera das formas establecidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Máis información: DOG 169 do Luns, 5 de setembro de 2011
e Instituto Galego das Cualificacións Tlf. 981-546840

PARA SABER MÁIS: ¿Que é un certificado de profesionalidade?

É un documento de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional que ten por finalidade acreditar as competencias profesionais adquiridas polas seguintes vías:

- vía formativa: formación ocupacional, continua e outras vías non formais de formación.
- vía da experiencia laboral debidamente acreditada.
- vía formativa-experiencia laboral: programas de formación e emprego, contratos de aprendizaxe e para a formación.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...