lunes, 19 de septiembre de 2011

COMPETENCIAS CLAVE 2011

A Consellería de Traballo da Xunta de Galicia abre unha nova convocatoria de probas de avaliación en competencias clave para acceder aos cursos dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.

Convócanse probas nos dous niveis, 2 e 3, nas seguintes competencias clave:

• Comunicación en lingua galega.
• Comunicación en lingua castelá.
• Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
• Competencia matemática.
• Competencias en ciencia.
• Competencia en tecnoloxía.
• Competencia dixital. 

Prazo de presentación de solicitudes: Do 06  ao ata o 28 de setembro do 2011, no rexistro da Consellería de Traballo e Benestar, no Rexistro Xeral da Xunta de San Caetano (ambos en Santiago de Compostela), así como por calquera das formas establecidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Máis información: DOG 169 do Luns, 5 de setembro de 2011
e Instituto Galego das Cualificacións Tlf. 981-546840

PARA SABER MÁIS: ¿Que é un certificado de profesionalidade?

É un documento de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional que ten por finalidade acreditar as competencias profesionais adquiridas polas seguintes vías:

- vía formativa: formación ocupacional, continua e outras vías non formais de formación.
- vía da experiencia laboral debidamente acreditada.
- vía formativa-experiencia laboral: programas de formación e emprego, contratos de aprendizaxe e para a formación.




2 comentarios:

Anónimo dijo...

Muchas gracias por la informacion en plazo. Andaba buscando hace tiempo una convocatoria para la competencia Digital N3

AGAFOR dijo...

gracias a ti!
y ... Suerte!

un saludo desde Agafor

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...