martes, 9 de noviembre de 2010

BUSCA DE EMPREGO


¿QUERES ATOPAR UN TRABALLO ¿SABES CÓMO BUSCALO? ¡A Fundación Universidade da Coruña vaite axudar! Inscríbete no PROGRAMA TIC-TAC EMPREGO e facilitarémosche as ferramentas para que a túa busca de emprego sexa más rápida e efectiva.
O PROGRAMA TIC-TAC EMPREGO está deseñado pensando en ti e en todos aqueles estudantes ou titulados universitarios galegos que necesitan atopar un traballo ou que algún día, cando acaben a carreira, terán que enfrontarse coa realidade do mercado laboral.
O PROGRAMA TIC-TAC EMPREGO celebrarase en 4 grupos diferentes, cunha duración de 5 días cada un, entre os días 12 e 29 de novembro nas instalacións do Centro Universitario de Riazor – CUR (onde está a Aula de Estudo), Campus de Riazor da UDC. E o mellor de todo é que é TOTALMENTE GRATUITO.
As persoas interesadas en acceder ao curso deberán enviar o boletín de inscrición cuberto e axuntar unha copia do DNI. As prazas cubriranse por rigoroso orde de inscrición.
Data límite de inscrición: 10 de novembro ás 14:00 h. 

 981 167 000; ext.4394  slopezj@udc.es 
  

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...